O 31 de outubro celebramos a nosa tradicional festa de Samagostín, onde o terror do Samaín e o arrecendo das castañas asadas mestúranse para facer unha festa tan terrorífica como deliciosa!
Para a celebración desta conmemoración, cada aula escolleu unha película e elaborou uns carteis das personaxes terroríficas principais, co fin de facer un photocall de medo.
O corredores enchéronse das figuras máis emblemáticas do cine!! O propio día o alumnado veu disfrazado ao colexio para compartir, todos xuntos, os tradicionais xogos populares e, a posterior, degustación das castañas. |
|
|