Os alumnos e alumnas de 1º de Ed. Primaria fomos ao Teatro Afundación de Vigo para participar na actividade "Cine Miúdo", actividade que pertence á programación do Festival Primavera do Cine.
A actividade mostrou a estreita relación existente entre o cine e a música. O trío Caspervek foi o encargado de dirixir a sesión na que nos explicaron con fragmentos de películas e coa súa propia instrumentación a forma de compoñer unha banda sonora. |
|